top of page

Polo San Xoán... pon as herbas a remollo

Esta festividade, que se celebra o 24 de xuño, está cargada de crenzas e tradicións


Laura Moure/Xeral

A noite de San Xoán é a máis máxica do ano. A pandemia un ano máis freará a celebración por todo o alto desta festividade, pero sen embargo, haberá cabida para reunións máis pequenas e os rituais non faltarán. Son múltiples as lendas e as tradicións que emerxen ao redor deste día e os máis suspesticiosos agardan con ansia a medianoite do 23 para rachar con todo o malo.


O día de San Xoán, o 24 de xuño, ten a súa orixe nas festas pagáns de hai miles de anos. Na biblia esta data aparece como o día que naceu San Xoán Bautista. E conta que o seu pai Zacarías mandou acender unha fogueira para anunciar o nacemento do seu fillo.


O lume das fogueiras teñen unha función purificadora e debemos queimar nelas todo aquilo do que queremos desprendernos. Aproveitando o final do curso académico, son moitos os que deciden facer desaparecer os miles de apuntes aos que se tiveron que enfrontarse durante meses; tamén hai aqueles que aproveitan para escribir nun papel aquilo que desexan e despois deben arroxalo ao lume para que se cumpra e por suposto, non pode faltar a tradición de saltar a fogueira para espantalas meigas e todos os males.

San Xoáns. Autor: Ecos da Comarca.

E sabedes que o Sol baila por San Xoán? Ese día ten lugar o solsticio de verán, sendo o momento do ano no que se lle atribúe ao sol a máxima claridade e por esta razón, hai crenza de que este astro baila ao amencer de alegría pola festa do santo. E mentres o sol se prepara para bailar, ao longo da noite tamén hai paso para os falcatruadas, xa que unha das costumes é escaparlles coas cousas ao veciño e deixalas en sitios pouco atípicos.


Outro dos rituais, moi común, sobre todo, en Galicia, é facer "a apócema máxica" de herbas aromáticas. Estas poden variar segundo a zona, pero as que non poden faltar son os estalotes, croques ou San Xoáns, que se poden chamar de distintas maneiras e tamén teñen diferentes cores. Fiuncho, malva, toxo, herbaluisa, sauco, rosa silvestre, romeu, fento, macela... son todas as demais que se adoitar usar, que misturadas con auga, hai que deixar de noite fóra para que o orballo faga o seu traballo. E a mañá toca lavarse con ela para eliminar todo o negativo e contribuír a ter unha boa saúde ao longo do ano.


Refráns

Como vemos esta festividade está cargada de tradicións, crenzas e costumes que van pasando de xeración e xeración e tamén deixa pegada no refraneiro galego, que está cheo de sabedoría. Algúns destes son:

  • Por San Xoán, a sardiña molla o pan.

  • En San Xoán, as bruxas fuxirán.

  • Sálvame lume de San Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.

  • Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.

  • A noite de San Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.

  • Na noite de San Xoán, non te deites ata a mañá.

  • Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page