top of page
Foto del escritorLaura Moure

Pedro Blanco supervisa en Antas de Ulla o inicio do programa da Axencia Tributaria para que os maiores de 65 anos

Agradeceu a predisposición da alcaldesa deste municipio “e de todos os concellos pequenos que forman parte do Reto Democráfico” por adherirse voluntariamente


Laura Moure/Antas de Ulla

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisou este martes en Antas de Ulla a posta en marcha do novo programa da Axencia Tributaria que ofrece asistencia presencial a persoas maiores que viven no rural para presentar a declaración da renda desde os seus concellos a través de videollamada.

Pedro Blanco comprobou en primeira persoa o funcionamento deste servizo do que poden facer uso a partir de onte máis de 30.000 persoas que viven nos 50 concellos do Reto Demográfico adheridos ao programa, todos eles de menos de 3.000 habitantes. O delegado do Goberno comprobou a utilidade desta iniciativa acompañado da alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o delegado da Axencia Tributaria en Galicia, Miguel Cárcaba; e a delegada do organismo na provincia, Mª Elena Rosende.


Pedro Blanco valorou in situ a eficacia do servizo, que cualificou de “pioneiro e innovador, co dobre obxectivo de achegar a Administración Xeral do Estado á cidadanía dos concellos pequenos e minimizar as consecuencias da fenda dixital entre xeracións para facilitar a vida das persoas maiores”. Animou aos posibles beneficiarios a participar neste programa, remarcando a importancia de “ofrecer a posibilidade de realizar trámites desde os propios concellos, as institucións que están máis preto da veciñanza”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O delegado do Goberno en Galicia agradeceu á alcaldesa de Antas de Ulla “a súa predisposición e interese á hora de sumarse a iniciativas que redundan positivamente na vida dos maiores do seu municipio, o que evidencia que a colaboración entre administracións mellora a vida dos cidadáns”. Ademais, fixo extensivas estas palabras dando as grazas aos gobernos locais dos 50 concellos adheridos ao programa. Polo momento, esta iniciativa atópase nunha primeira fase piloto, de maneira que máis concellos dos 158 que integran os chamados de Reto Demográfico en Galicia serán susceptibles de unirse.


Funcionamento do programa

As peticións de cita poderán facerse ata o 28 de xuño nas respectivas Casas dos Concellos e a través da sede electrónica da Axencia Tributaria, xunto co resto de servizos de asesoramento que ofrece. No momento en que un veciño ou veciña destes concellos solicite cita para facer a declaración da renda, ofreceráselle facela a través de videollamada. Coa cita xa na man, tan só terán que achegarse ao Consistorio para ser atendidos por persoal da Axencia Tributaria.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Na mesma videollamada xa poderá deixar presentada a súa declaración. Ademais da posibilidade de pedir cita na sede electrónica, a Axencia Tributaria ofrece estes teléfonos de cita con atención persoal: 91 553 00 71 o 901 22 33 44 (de luns a venres, de 9 a 19 horas).


Concellos adheridos

En Galicia hai 50 concellos beneficiarios deste servizo polo momento, nesta primeira fase piloto: 8 concellos da provincia da Coruña; 19 na provincia de Lugo; 18 na provincia de Ourense; e 5 na provincia de Pontevedra.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page