top of page
Foto del escritorLaura Moure

Pedro Blanco e Pilar García presentan á cidadanía o proxecto de reforma da Casa da Cultura de Antas de Ulla

As obras consistirán na mellora da envolvente térmica do edificio e na reordenación de espazos para acoller ás asociacións culturais do Concello


Laura Moure/Antas de Ulla

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, asistiu este luns ao acto de presentación pública do proxecto de reforma da Casa da Cultura de Antas de Ulla, xunto á alcaldesa, Pilar García Porto. A presentación, aberta á cidadanía, celebrouse despois do acto administrativo de firma do contrato entre o Concello e a empresa que se vai a encargar da execución desta obra.

O delegado estivo acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. A reforma do edificio da Casa da Cultura de Antas de Ulla foi incluída no Programa PIREP do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno. Este programa ten como obxectivo colaborar coas administracións autonómicas e locais para a rehabilitación de edificios públicos, e céntrase na mellora da eficiencia enerxética destas instalacións.


Publicidade

O delegado coñeceu os pormenores do proxecto que comezará a executarse nas próximas semanas, tras a firma da acta de reformulo. Este proxecto inclúe a reforma da envolvente enerxética do edificio actual da Casa da Cultura, mellorando o seu illamento e gañando en confort. Manterase o equipamento da Biblioteca e reordenarase o resto do espazo para posibilitar que sexa polivalente e accesible a todas as asociacións culturais do Concello.


Publicidade

Actualmente usan estas instalacións Fiadeira, o grupo de Teatro, a Coral e a Escola de Música da Banda de Música de Antas. Despois desta presentación, a alcaldesa e o delegado mantiveron un encontro no que repasaron a evolución doutros proxectos do Goberno en Antas de Ulla así como as iniciativas que o Concello quere impulsar no marco de distintas convocatorias xestionada polo Goberno.


0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page