top of page

Palas de Rei repartirá 1.120 euros en premios no seu concurso de disfraces

Organiza actividades para o luns e o martes de Entroiodo


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei festexará o Entroido 2023 con actos programados para o luns, 20 e martes, 21 de febreiro.


O luns, 20 de febreiro, terá lugar o Entroido infantil, dirixido aos nenos e nenas que queiran participar, con diversos xogos inchables e chocolatada popular.

O martes, 21 de febreiro, celebrarase o Concurso de disfraces no que o Concello de Palas de Rei reparte 1.120 euros en premios que estarán distribuídos en tres categorías (individual, grupos ata cinco persoas e categoría de Grupos), cada unha delas, reparte tres premios e a maiores haberá un premio especial a orixinalidade no que compiten todas as categorías.

Nas dependencias do Concello, no departamento de Cultura, pódense inscribir os participantes no concurso.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page