Quen o desexe poderá facer as súas donacións esta semana en diversos puntos da vila establecidos para tal fin
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei envÃa unha remesa de diverso material de axuda humanitaria a Ucrania. Trátase dun paquete de vÃveres e medicamentos para os habitantes deste paÃs afectados polo conflito bélico. En concreto, o Concello palense doa 500 quilos de alimentos non perecedeiros e diverso tipo de medicamentos xenéricos.
A súa vez, tal como indica o rexedor, Pablo Taboada, o Concello de Palas de Rei pon en marcha esta semana unha campaña solidaria, para que todos os particulares do municipio, que asà o estimen oportuno, poidan contribuÃr cos habitantes de Ucrania, doando alimentos non percedeiros, nuns puntos que estarán habilitados a tal efecto nos edificios municipais e principais establecementos comerciais da vila para logo o Concello
envialos alá en sucesivas remesas de material de axuda.