top of page

Palas de Rei envía efectivos de Protección Civil a axudar nos lumes de Folgoso do Caurel e Quiroga

22 jul 2022
2 min de lectura

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei decidiu enviar efectivos de Protección Civil a Folgoso do Caurel e a Quiroga, que dende días están afectados por lumes forestais. Juan Núñez e Jorge Castiñeiras saíron esta mañá para colaborar no que precisen, pero sobre todo, para axudar e protexer aos veciños.

Juan Núñez e Jorge Castiñeiras de Protección Civil de Palas cos veciños afectados polos incendios na provincia de Lugo.

"Hoxe estivemos axudando a volver aos veciños ás súas casas, en concreto en Pacios da Serra, en Quiroga", indica Juan Núñez, de Protección Civil de Palas de Rei. "Por sorte, xa están fóra de perigo, pero arderon aldeas enteiras, e a verdade que a xente está moi agradecida con nós, porque fomos agrupacións de toda Galicia a botar unha man", engade.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A Xunta vén de desactivar a Situación 2 nos lumes de Folgoso do Courel-A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel-Seceda, ambos na provincia de Lugo, e de Carballeda de Valdeorras-Riodolas, na de Ourense.


No caso de Folgoso do Courel-A Pobra de Brollón, esta situación operativa de emerxencia foi declarada o pasado xoves, día 15, pola proximidade aos núcleos de Parada dos Montes e Carballal (Folgoso) e Busto (A Pobra do Brollón). No que atinxe ao incendio de Folgoso

do Courel-Seceda, esta situación preventiva mantíñase tamén declarada dende ese mesmo día pola proximidade do lume ao núcleo de Gamiz. No que atinxe ao concello

ourensán de Carballeda de Valdeorras, a medida solicitouse o pasado domingo, día 17, pola proximidade do lume ao núcleo de Candeda.

Unha triste estampa en Vilares, Folgoso do Caurel.

Estes tres lumes continúan activos, afectando, respectivamente, unha superficie de 10.000, 1.100 e 10.500 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais, malia que a súa evolución favorable fixo posible a desactivación da devandita situación operativa de emerxencia.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,

toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


Incendio en Palas de Rei

Cabe mencionar que Protección Civil de Palas fixo unha gran labor no lume que se orixinou o pasado domingo no municipio palense, e que tamén puxo en perigo núcleos de poboación, como Cabana e Chorexe. Este incendio calcinou unhas 375 hectáreas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page