top of page

Palas de Rei contará cunha estación de servizo fixa para a inspección técnica de vehículos

A nova infraestrutura terá una superficie de 550 m2 entre zona administrativa, de atención ao público e nave de inspección e disporá de dúas liñas


Laura Moure/Palas de Rei

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou este mércores o concello de Palas de Rei, onde mantivo un encontro co alcalde, Pablo Taboada, na que se avaliou o proxecto para implantar unha estación de servizo fixa para a inspección técnica de vehículos.

A nova infraestrutura, que proximamente comezará a súa tramitación administrativa, terá una superficie de 550 m2 entre zona administrativa, de atención ao público e nave de inspección. En concreto, disporá de dúas liñas, dotadas de todos os equipos técnicos necesarios, incluíndo unha zona especialmente acondicionada para a medición de nivel de ruído de ciclomotores e motocicletas. Prevese a realización de preto de 20.000 inspeccións durante o seu primeiro ano de funcionamento

A nova estación incluirá as innovacións desenvolvidas durante os últimos anos nas ITV galegas, entre os que destaca o novo deseño de estación empregado xa na Sionlla e no Carballiño ou a xestión do proceso de inspección mediante o uso de tablets. Con esta serán 27 as estación fixas na rede de ITV galega, -6 delas na provincia de Lugo- e 37 contando tanto as fixas como as unidades móbiles.

Paula Uría subliñou a aposta da ITV pola innovación e a sustentabilidade e que se materializa coa implantación de instalacións solares fotovoltaicas, a incorporación dunha rede de infraestruturas de recarga para vehículos eléctricos, así como o compromiso de investimentos en innovación para situar a inspección técnica de vehículos de Galicia á vangarda.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page