Palas de Rei celebrará o 8 de xullo a súa decimocuarta Festa da Xuventude
Iniciativas infantís, a tradicional ruta de bares, música de orquestras e un sorteo de 500 euros completan a programación
Laura Moure/Palas de Rei
A decimocuarta edición da festa da xuventude de Palas: “Festa da Xuventude no Camiño”, foi presentada esta mañá, por parte do Presidente da Asociación Xuventude de Palas (entidade organizadora), Manuel Gonzalez Gallego así como do alcalde do Concello de Palas, Pablo Taboada como entidade colaboradora xunto coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, o Xacobeo, Abanca, Ibersys, Aloumiño.

Despois de dous anos sen poder celebrarse este evento por mor da pandemia, a Xuventude de Palas retoma esta cita no calendario programada este ano para o día 8 de xullo.

A programación arrancará ás 16:00 horas cun Obradoiro Infantil dirixido ó público de 4 a 12 anos na Praza do Concello a cargo do Centro Pedagóxico Aloumiño. Seguido ás 18:00 horas terá lugar a xa tradicional “Ruta de bares” amenizada pola charanga Era Visto. Pola noite, logo das 23:30 horas actuarán La Fórmula e Furia Joven, e faranse un sorteo no descanso da orquesta de 500 euros. O que desexe poderá adquirir as rifas durante a ruta de bares.







Comentarios