top of page

Palas de Rei celebrará o 1 de abril a súa Festa dos Maiores

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os asistentes deberán confirmar a súa asistencia previamente


Laura Moure/Palas de Rei

Logo de tres anos sen celebración dos maiores, motivada pola situación da pandemia do Covid-19, o Concello de Palas de Rei retoma este ano, a festa dos maiores.

Os máis 1.200 habitantes, maiores de 65 anos, de Palas de Rei están convocados a dita celebración que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril, nas instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal dos Chacotes.


A celebración arrancará ás 13:00 horas cunha misa solenme que se oficiará no campo de fútbol, para logo, nas instalacións cubertas do pavillón celebrarse, ás 14:30 horas, o xantar de confraternización e de cara ás 17:00 horas, o baile tradicional.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

No transcurso da celebración dos maiores, tamén, se fará un recoñecemento especial para a muller e para o home con máis idade presente na festa.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Os asistentes, só teñen que confirmar asistencia nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 982 38 00 01.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page