Palas de Rei celebra dende hoxe, día 11, ata o 14 de setembro as súas festas do Ecce Homo
Laura Moure/Palas de Rei
Palas de Rei prepárase para vivir desde este venres, 11 de setembro, e ata o luns 14, as súas festas do Ecce Homo 2026, catro xornadas con música, tradición, actividades culturais e propostas para todas as idades.
O programa dará comezo hoxe, venres 11 de setembro ás 17:30 horas, coa celebración do Festival de Danza Tradicional de Palas de Rei, na Praza do Concello. Ás 19:30 horas terá lugar a Ruta de Cantos de Taberna.
PUBLICIDADE
Xa pola noite, a música tomará o protagonismo. Ás 22:30 horas actuarán Murga de Palacio do Rei e As LaghartEiras, mentres que ás 23:00 horas chegará a verbena coa orquestra La Fórmula, acompañada do DJ Maikstyle, nas prazas do Concello e de Galicia.
O sábado 12 a programación estará centrada na verbena nocturna, con actuacións a partir das 23:00 horas da orquestra Los Key + DJ Os Trasnos, na Praza de Galicia.
Domingo de tradición e música
O domingo 13 de setembro será unha das xornadas máis completas. Ás 11:30 horas celebrarase a Milla Urbana (Carreira Popular) e ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne. A continuación, ás 14:00 horas, a Banda de Música de Guntín ofrecerá unha actuación na Praza do Concello.
PUBLICIDADE
Pola tarde e noite sucederanse diferentes propostas. Ás 20:30 horas actuará Los Extraños Pasajeros, mentres que ás 23:00 horas a verbena correrá a cargo da orquestra Fania Blanco Show, con actuacións nas prazas do Concello e de Galicia.
Luns, Día do Neno
As festas chegarán ao seu último día o luns 14 de setembro, coa celebración do Día do Neno. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa solemne e a actuación da Coral Polifónica de Palas de Rei, na Praza de Galicia.
Xa pola tarde, ás 17:00 horas, terá lugar o Día do Neno, tamén na Praza de Galicia.

A programación continuará ás 19:30 horas na Casa da Cultura co espectáculo “Dous Rombos”, de Sergio Alba. Ás 20:30 horas, a Praza do Concello acollerá o espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”, de Antonio Barros.
Deste xeito, Palas de Rei despide o verán cun programa festivo que combina música, tradición, deporte e actividades culturais, coas verbenas como protagonistas das noites e diferentes propostas ao longo das catro xornadas.









Comentarios