top of page

Palas de Rei albergará o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal do 31 de outubro ao 23 de xaneiro

Levarase a cabo na Casa de Cultura cunha doazón do público de dous euros


Laura Moure/Palas de Rei

Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal (1ª CITA) desde o vindeiro domingo, 31 de outubro e ata o domingo, 23 de xaneiro, con diversas representación programadas para as fins de semana, nas que se podrán ver a grupos galegos, socios de Feteagal, pero tamén a dous grupos de ámbito nacional que proveñen da Confederación Escenamateur.

Asistentes á presentación este xoves en Palas.

Este ciclo está organizado por Feteagal en colaboración co Concello de Palas de Rei e o grupo local Metátese Teatro. O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, o presidente da Federación Teatral Afeccionada de Galicia, Feteagal, David Vázquez, o socio fundador, Valentín Varela, o director de Metátese Teatro, Afonso García, e varios de Metátese Teatro presentaron este xoves no salón de actos do Concello palense este ciclo teatral que se levará a cabo na Casa de Cultura de Palas de Rei, cunha doazón do público de dous euros.


A programación desta edición será a seguinte:

  • INAUGURACIÓN: 31 de outubro ás 18:00 horas – Metátese Teatro – Detrás das máscaras.

  • 6 de novembro ás 20:00 horas– Oreteiro Teatro – Dúas pezas de microteatro.

  • 13 de novembro ás 20:00h – Cía Noite Bohemia - La casa de Bernarda Alba.

  • 20 de novembro ás 20:00h – La Locandiera (Madrid) – El coleccionista de Mariposas.

  • 4 de decembro ás 20:00h – The-Sastre Teatro – Neve en Outono.

  • 22 de xaneiro de 2022 ás 20:00h - Teatro Kumen (Asturias) – La comedia de las mentiras.

  • CLAUSURA: 23 de xaneiro de 2022 ás 20:00h – Delatoute Prod. – Mi Gran Mansión.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page