top of page

Palas de Rei acometerá unha reforma completa do pavillón cunha inversión de 160.000 euros

A obra durará uns catro meses e os usuarios que así o desexen, poderán utilizar o outro pavillón polideportivo que dispón o Concello na zona do colexio público


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei acometerá unha reforma completa das instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal. As obras, que comenzarán nos vindeiros días significarán a substitución completa da cuberta e a renovación da pista polideportiva nunha primeira fase e cun importe total dos traballos de 120.000 euros, dos cales, 100.000 euros son froito dun convenio coa Secretaria Xeral do Deporte e os 20.000 euros restantes son aportados polo Concello de Palas de Rei.


Posteriormente, e con fondos propios do Concello, invertiranse 40.000 euros nunha segunda fase, onde se renovarán ventanales e farase unha reforma completa de duchas e baños. Con esta actuación, preténdese poñer en valor e seguir mellorando as instalacións deportivas do Concello.

O alcalde palense, Pablo Taboada, explicou que “mentres duren as obras nesta instalación, aproximadamente catro meses, os usuarios que así o desexen, poderán utilizar o outro Pavillón Polideportivo que dispón o Concello na zona do Colexio Público”. Esta actuación, tal como recalca o alcalde, Pablo Taboada, “é froito dun ambicioso Plan de posta en marcha e reforma das instalacións municipais que comenzou coa construción do novo campo de fútbol con herba sintética, a posta en marcha das instalacións do ximnasio en colaboración co Grupo Jim Sports e a nova pista de padel e, ahora, esta reforma integral no pavillón municipal, con todas estas actuacións, que se traducen nunha inversión global dun millón de euros para dar resposta a toda a afección deportiva no municipio.”

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page