Palas de Rei acolleu a mesa técnica de coordinación institucional contra a violencia de xénero
- Laura Moure

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei
A primeira reunión anual da Mesa técnica de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero de Palas de Rei tivo lugar este martes, no Salón de Plenos da Casa Consitorial.

Esta Mesa de Coordinación Interinstitucional estivo integrada pola psicóloga do CIM, a representante do centro de saúde de Palas de Rei, o director e representante do CEIP de Palas de Rei, o sarxento da Garda Civil, un Garda Civil Equipo Viogén Cia de Lugo, a directora do CIM, o director e a orientadora do IES do Camiño, o avogado do CIM e as traballadoras sociais dos Servizos Sociais de Palas de Rei.
PUBLICIDADE
A finalidade esencial desta mesa técnica de traballo, reside en construir un marco estable de coordinación e análise compartida entre profesionais, orientado ao intercambio de coñecementos, valoracións e experiencias de intervención, así como, ao impulso de actuacións conxuntas que permitan deseñar, reforzar e aplicar medidas eficaces na prevención da violencia de xénero e na promoción da igualdade efectiva.
PUBLICIDADE
Neste escenario, a achega de cada profesional resulta especialmente relevante, na medida en que a pluralidade de enfoques, competencias e experiencias contribúe de maneira decisiva a unha comprensión máis ampla da realidade e ao desenvolvemento de respostas integrais, coordinadas e de maior alcance.








Comentarios