Palas de Rei acollerá o 5 de outubro o "Bienestar Fest"
- Laura Moure

- 1 oct
- 1 Min. de lectura
Incluirá un conxunto de actividades interpersoais
Laura Moure/Palas de Rei
Este domingo, 5 de outubro terá lugar en Palas de Rei a celebración do “Bienestar Fest”, un conxunto de actividades relativas o benestar interpersoal que incluen: camiñata, música, artesanía, alimentación, libros charlas, títeres, teatro en miniatura,.. .
Esta iniciativa, foi presentada onte en Radio Palas Fm polos seus organizadores: Milagros Bordones, profesora de Yoga e Pilates das clases Movimiento Bienestar que imparte na casa de Cultura de Palas; xunto con Juan José Palomino, terapeuta en Kinesioloxía e Psico-enerxética e Judith Rodríguez, que se encarga do teatro con títeres.

“Bienestar Fest”, conta coa colaboración do Concello de Palas de Rei e dun conxunto de establecementos comerciais e de servizos de Palas. Arrancará ás 10:00 da mañá, do vindeiro domingo día 5, cunha clase de preparación física para caminañata que terá lugar na Praza da Ulloa de Palas, seguida da “camiñata limpando caminos dende a Casa de Cultura ata o Centro Comarcal, traxecto onde estarán acompañados polas interpretacións teatrais que trae Aida Cobas e Leugua Theastai.
Logo, no Centro Comarcahaberá picoteo, música e desfrute das artesanías para á 13:00 horas presentar o libro “Guía y Diario Mindfulness tu Camino de Santiago” de Ana Medita. Ás 13:30 horas, Juan José Palomino impartirá unha charla sobre Kinesioloxía e Psico-enerxética.
PUBLICIDADE

Tamén terá lugar un circuíto de peques con teatros en miniatura a cargo de Judit Rodríguez z e unha proxección dun audio cuento de Ana Morandeira e unha clase de ritmo e benestar a cargo de Mariana Garcia.
A inscrición para participar no “Bienestar Fest” está aberta a través do teléfono: 628139113.






Comentarios