Palas de Rei albergará o 28 a campaña ‘Xeración Emprende’ para impulsar o emprendemento
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 1 min de lectura
Laura Moure/Palas de Rei
Palas de Rei será unha das paradas da campaña itinerante ‘Xeración Emprende’, unha iniciativa que busca achegar o emprendemento á mocidade e ás mulleres do rural galego mediante actividades e asesoramento personalizado.

A campaña chegará ao municipio o venres 28 de agosto e estará instalada na Praza do Concello, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Durante a xornada, as persoas interesadas poderán coñecer de primeira man os recursos e oportunidades existentes para poñer en marcha ou impulsar proxectos de emprendemento no ámbito rural.
PUBLICIDADE
‘Xeración Emprende’ preséntase como unha ruta rural de emprendemento xuvenil, cunha campaña itinerante que percorre diferentes localidades para ofrecer orientación, información e acompañamento ás persoas que teñan unha idea de negocio ou estean interesadas en emprender.
PUBLICIDADE
A iniciativa pon especialmente o foco na mocidade e nas mulleres do rural, co obxectivo de favorecer novas oportunidades profesionais, dinamizar o territorio e contribuír á creación de actividade económica no ámbito rural.
PUBLICIDADE
Desde a organización animan á veciñanza a achegarse á Praza do Concello durante a mañá do venres 28 de agosto para coñecer a proposta e recibir asesoramento personalizado.









Comentarios