top of page

Palas aposta por melloras na eficiencia enerxética e no aislamento térmico nos edificios municipais

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei acada unha axuda para o aislamento térmico e mellora da eficiencia enerxética do edificio do Punto de Atención Continuada (PAC Comarcal) e Casa Consistorial de Palas de Rei.

O Concello de Palas de Rei chegou a un acordo coa empresa Veripro, encargada da xestión do Programa de Certificados de Aforro Enerxético CAE, en virtude do que acadou estas importantes actuacións de eficiencia enerxética sen custe para as arcas municipais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O alcalde, Pablo Taboada, reuníuse cos directivos de Veripro que estiman que esta actuación de eficiencia enerxética supuxo máis de 4.400 euros de aforros anuais para o Concello de Palas nos citados edificios municipais, dos cales, entorno a 3.000 euros no Centro de Saúde e preto de 1.000 na Casa do Concello.


O Concello de Palas é unha das primeiras administración galegas en conveniar este tipo de axudas de eficiencia enerxética. “De cara o próximo ano plantearanse novas actuacións de aislamento térmico e mellora da eficiencia enerxética esta vez, no CPI de Palas e na Casa de Cultura, así como, no Centro Residencial” segundo destaca o alcalde.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A empresa está especializada en solucións para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, comunidades de propietarios e edificios residenciais mediante actuacións como o aislamento térmico en cubertas reducindo o consumo enerxético e mellorando o confort nos fogares sin que teñan que asumir custe algún, grazas a financiación das grandes compañías enerxéticas a través do sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAE).


Dispón dun equipo técnico propio e experiencia no aislamento térmico e acompaña ao cliente desde a súa evaluación inical ata a entrega de toda a documentación final.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page