top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os veciños abandonan un edificio de catro andares afectado por un incendio na Estrada

Ecos da Comarca/Xeral

Esta madrugada orixinouse un incendio nun edificio do concello da Estrada. O lume comezou nun cadro eléctrico situado na fachada do edificio e introduciuse por unha fiestra á altura do terceiro piso.

Por fortuna, ninguén resultou afectado por este incendio, que, ademais dos danos ocasionados na fachada, alcanzou unha habitación.


Publicidade

Cando os veciños foron conscientes do que sucedía abandonaron o inmoble, situado na Rúa Rosalía de Castro. Non obstante, confirmaron que, dos catro andares, hai dous que estaban deshabitados.


Faltaban uns minutos para a unha da madrugada cando o 112 Galicia comezou a recibir as primeiras chamadas de alerta. A partir de aí, avisouse aos Bombeiros do Deza, aos membros do GES e do servizo municipal de Protección Civil, así como aos axentes da Garda Civil e ás autoridades locais.


Publicidade

Contra as catro da madrugada, a extinción estaba completamente rematada e os equipos de emerxencias de retirada ás súas bases. Aclararon, iso si, que houbo un momento de dificultade debido a un colchón que tamén estaba próximo á fachada que tamén resultou calcinado.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page