top of page

Os vándalos cébanse con Arzúa

Destrozan o meco de Amarai e o photocall do amor da AECA


Laura Moure/Arzúa

Esta semana produciuse máis dun acto vandálico en Arzúa. Uns malnacidos romperon o meco da Asociación de Personas con Discapacidad de Arzúa y Tierra de Melide (Amarai) e tamén se cebaron co photocall do amor da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Arzúa instalado na Praza de Galicia con motivo do Día de San Valentín.


"Desde o Concello de Arzúa mostramos a nosa repulsa e rexeitamento ante actos vandálicos que xente incívica acaba de cometer no noso concello destrozando o Meco que a Asociación Amarai tiña exposto na entrada das súas instalacións. O noso apoio e recoñecemento a esta asociación polo seu bo facer", indica o Concello.
"Parece ser que o traballo duns é diversión para outros. Estamos decepcionadas e cunha pena terrible de atopar o noso traballo, ilusión e loita destrozadas desta maneira. VÉNDESE DISCRIMINACIÓN E RÓGASE INCLUSIÓN, queiran ou non", lamenta Amarai.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!
"Dende AECA condenamos os actos de gamberrismo acontecidos na tarde de onte no photocall instalado na Praza, e amosamos o noso rexeitamento a estos comportamentos incívicos que perxudican o ben común. Estas conductas son o reflexo da pouca educación e conciencia que hai ...", sinala a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Arzúa.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page