Os traballos para retirar os camión entalado en Dozón foron fallidos e o vehículo continúa no lugar
- ecosdacomarca

- 26 mar 2021
- 1 Min. de lectura
A grúa case tamén queda encaixada ao querer quitalo de noite

O camión segue encaixado.
Autor: J.Sobrino
Laura Moure/Dozón
ECOS DA COMARCA informaba onte en exclusiva, preto das dez da noite, de que un camión cisterna permanecía atrapado entre os muros de dúas vivendas no lugar da A Eirexa, en O Sisto, no municipio Dozón. Pasadas ás 22:00 horas chegou unha grúa para intentar sacalo, pero non o conseguiu debido a que está nun tramo do camiño que fai curva e é moi estreito, polo que agora, ás nove da mañá, o vehículo continúa alí.
"Onte veu a grúa, pero aparte de non dalo quitado, case entala ela tamén", indica un dos veciños do lugar. "Suaron para sacala sen romper nada", engade.
Os lugareños apuntan que debeu ser o GPS o que mandou ao condutor nesa dirección e é algo que xa lle ten acontecido a máis dun camioneiro, de metelo por onde non debería. O vehículo é dunha empresa de Abadín, Lugo.

O camiño fai curva e é moi estreito.
Autor: J. Sobrino
ACTUALIZACIÓN
Finalmente, cara o mediodía deste venres a empresa Grúas Lalín Deza logrou sacar ao vehículo despois de pasar toda a noite no lugar.

A empresa Grúas Lalín Deza consegue retirar o camión.






Comentarios