top of page

Os populares de Melide lamentan "a falta de mantemento do Cantón de San Roque"

Laura Moure/Melide

Os populares de Melide denuncian "a falta de mantemento dunha das prazas máis senlleiras da vila, o Cantón de San Roque". Lembran que no ano 2018 o Cantón de San Roque "foi obxecto dunha rehumanización total procedendo a ampliar as beirarrúas da Avenida de Lugo así como reorganizar as especies vexetais e os mesmos espazos, seguindo as directrices de Patrimonio. Case tres anos despois de ter rematada a actuación

a deixadez do bipartito local empeza a facer mella nun dos espazos máis céntricos de Melide: lousas en mal estado que levan semanas cercadas por vallas municipais sen arranxo, o firme que complementa a xardinaría dos árbores sucio e cun mantemento nulo, así como accesos ao paso de peóns da estrada N-547 recheados con graba", apuntan.


Lamentan esta situación. “Esta non é a imaxe que queremos dar de Melide en pleno Camiño de Santiago, se queremos ser referencia, o bipartito local debe esforzarse moito máis en ofrecer unha imaxe do noso pobo coidado e limpo” sinala a portavoz popular, Dalia García, quen ademais, insta aos responsables municipais a que realicen as xestións pertinentes para proceder a reubicar o paso de peóns limítrofe coa Avenida de Lugo, que se atopa nunha situación que pode producir confusión aos peatóns. “Este goberno falla nas cuestións máis elementais do día a día, na xestión diaria; deixaron escapar o mercado do Cantón de San Roque e agora, deixan tamén esmorecer pouco a pouco o Patrimonio municipal en plena ruta xacobea” sentencian dende a formación popular melidense.


Algúns dos desperfectos que denuncia o PP melidense.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page