top of page

Os concellos máis afectados nas comarcas seguirán a ser Monterroso, Silleda e Touro

Actualizado: 19 ago 2021

Melide e Palas de Rei baixan o nivel medio-baixo, pola contra Monterroso, Silleda e Touro continuarán unha semana máis no nivel medio


IsmaelRS/Xeral

J. G. Comesaña durante a comparecencia de hoxe

Durante a xuntaza que mantivo esta mañá o comité clínico, e tras avaliar a situación epidemiolóxica do conxunto de concellos galegos, o grupo de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia, acordou:

  • Nivel alto de restricións nos municipios de Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, A Coruña, Arteixo, Betanzos, Cee, Miño, Sada, Camariñas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Pontedeume, Cabanas, Ares, Rábade, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Grove, Meis, Bueu, Pontecaldelas, Redondela, Tui, Vigo, Arbo, As Neves, Nigrán, Tomiño, O Rosal, Ponteareas e A Cañiza.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Zas, Coirós, Corcubión, Carballo, Carral, Cerceda, Abegondo, Coristanco, Curtis, Ponteceso, Oza-Cesuras, A Laracha, Cambre, Culleredo, Oleiros, Cariño, Fene, Narón, Neda, Ferrol, Ames, Ribeira, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela, Boiro, Silleda, Touro, Santa Comba, Trazo, Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Barreiros, Ribadeo, Viveiro, Avión, Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Coles, Verín, A Lama, Portas, Cambados, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Gondomar, Salvaterra do Miño, Cangas, Moaña, Mos, Salceda de Caselas, Mondariz, Pazos de Borbén, Baiona, O Porriño e A Guarda.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor a partir das 00:00 horas do sábado 21 de agosto.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page