top of page

Os clústers galegos da enerxía apostan pola feira Enerxétika 2024

Cluergal, Acluxega e o Clúster da Biomasa de Galicia volven implicarse tanto na área expositiva da feira como no seu programa de actividades


Laura Moure/Silleda

A feira Enerxétika 2024, a cal se celebrará do 11 ao 13 de abril no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda), volve contar co apoio de todos os clústers galegos da enerxía. Así, estarán presentes na área expositiva o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) e o Clúster da Biomasa de Galicia. Ademais de participar como entidade, todos eles estarán acompañados de distintas empresas asociadas nos seus stands.


Así mesmo, estas agrupacións programaron no certame distintas actividades, tanto internas como orientadas á divulgación entre os visitantes. Así, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia organizará o primeiro día unha mesa de debate centrada na transición enerxética en Galicia e a importancia da cadea de subministración, ademais de aproveitar o marco da feira Enerxétika para levar a cabo a súa asemblea xeral de socios.


Publicidade

En canto á Asociación Clúster da Xeotermia Galega, as súas propostas desenvolveranse o venres, segundo día do certame. Así, realizará unha xornada técnica na que se expoñerán casos prácticos de xeotermia. Ademais, celebrará a súa asemblea xeral e unha reunión da xunta directiva da entidade.


V Foro da Biomasa de Galicia

Pola súa banda, o Clúster da Biomasa de Galicia levará a cabo durante toda a mañá do xoves 11 de abril a quinta edición do Foro da Biomasa de Galicia, cuxos detalles ultima estes días.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page