top of page

Os Chacotes en Palas ofertan un novo campamento no verán ademais dun campo de traballo internacional

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, ata o 30 de abril, para solicitar praza


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei terá este verán na zona de acampada dos Chacotes un novo campamento de verán para xente nova de ata 12 anos con diferentes actividades para desenvolver. A actuación, programada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude

terá lugar nas diferentes quincenas dos meses dos meses de xullo e

agosto e participaran xente nova de toda España.


Publicidade

Así mesmo, tamén promovido pola Dirección Xeral de Xuventude terá lugar un novo campo de traballo internacional na última semana de agosto e na primeira de setembro. O alcalde, Pablo Taboada, agradece aos responsables da Dirección Xeral de Xuventude as programacións que se desenvolven cada verán no Campamento dos Chacotes orientadas aos máis novos e que ofertan a posibilidade de coñecer Palas de Rei de cara a xuventude do exterior.


Publicidade

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, ata o 30 de abril, para solicitar praza en campamentos e campos de voluntariado neste verán. As solicitudes deberanse facer mediante a sede electrónica da Xunta. A campaña de verán da Xunta, baixo o lema “o teu mellor verán”, oferta diversas actividades para a mocidade de entre 9 a 30 anos. Para máis información, poden consultar na web xuventude.net



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page