Ecos da Comarca/Arzúa
Esta mañá rexistrouse un accidente dun tráiler no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 10:38 horas.

O condutor do tráiler que se saíu da vía tivo que ser auxiliado polos Bombeiros de Arzúa, para conseguir baixar do vehículo, ao rematar a cabina do camión sobre un talud, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso ocorreu no punto quilométrico 60 da N-547. Posteriormente, o home foi atendido polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido ás feridas sufridas.
O accidente produciuse uns minutos despois das 10:30 horas. Foi nese momento cando o 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
A partir de aí, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do servizo de mantemento da estrada.
Comentários