top of page

Os 40 anos da Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira, Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Música, o estreo dun documental e dunha peza sobre o colectivo e moitas boas palabras centraron a celebración este domingo


Laura Moure/Silleda

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, particiou onte nos actos con motivo do cuadraxésimo aniversario da “extraordinaria” Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira (Silleda) enxalzando a súa “traxectoria como dinamizadora da vida cultural de Silleda”. “Sodes –destacou a presidenta- unha asociación da que sentirnos moi orgullosas e orgullosos, unha das entidades máis activas de Galicia no eido cultural e ademais sinal de identidade da comarca de Deza”.

Asistentes á celebración onte en Silleda.

“Hoxe é un gran día –asegurou a presidenta Carmela Silva-, porque recordamos 40 anos de traxectoria a prol da Cultura pero tamén ás persoas implicadas na construción da escola de Bandeira, emigrantes que tiveron que marchar pero que nunca esqueceron a terra”. Tamén felicitou á presidenta da Asociación Cultural Vista Alegre, Lola Sangiao, e a toda a xente que traballa “nesta marabillosa entidade”, polos esforzos desenvolvidos e remarcou o apoio prestado polo alcalde de Silleda, “que ademais é de Bandeira e lévao con moito orgullo”.


O acto de celebración comezou coa actuación do grupo de gaitas da Asociación Cultural Xirandola, que interpretou dúas pezas musicais. Trala súa intervención presentouse o documental 40 anos de Vista Alegre, producido por Meteórica e dirixido por Adela Otero, no que interviñeron, ademais da presidenta da Deputación Carmela Silva, a actual presidenta da Asociación, Lola Sangiao, expresidentas e expresidentes, socios de honra e personalidades políticas vinculadas á mesma como o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tamén integrantes das diferentes asociacións que forman parte de Vista Alegre como “Xirandola”, “Fortín da Pomba”, os “Xenerais do Entroido de Bandeira”, a “Banda Municipal de Bandeira”, a Asociación de Amas de Casa e Mulleres Rurais “Avelina Valladares” ou a asociación “Amigos da Empanada”, que organizan a famosa Festa da Empanada de Bandeira.

Estrea dunha peza

O aniversario da asociación tamén serviu para estrear a “Xota de Vista Alegre”, composta e interpretada pola Banda de Música de Bandeira.


Orixes A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira creouse no 1982 co obxectivo de acubillar calquera manifestación cultural da localidade e dos seus arredores, así como dotar de contido á Escola Vella, agora sede da entidade. Entre as múltiples actividades que desenvolven, destacan as musicais pero tamén a promoción da posta en valor da obra do escritor Ramón de Valenzuela e Xosé Neira Vilas, a salvagarda da memoria histórica, así como o feito de terse convertido na referencia de paso para as persoas peregrinas que realizan o Camiño de Inverno ou a Ruta da Prata xa que ten entre as súa encomendas selar as credenciais para acadar a Compostela. Amais ofrece ás e aos escolares unha biblioteca única no rural, que realiza propostas lúdicas para reforzar lazos de veciñanza.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page