top of page

Os 17 concellos da comarca de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.136 parados en xaneiro

2 feb 2022
1 min de lectura

Hai 18 desempregados máis con respecto ao mes pasado


LauraMoure/IsmaelRS/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en xaneiro 3.136 desempregados tal e como informou este mércores a Consellería de Emprego. Isto significa que son 18 más con respecto a decembro que eran 3.118


Na comarca de Arzúa son 620 parados en total; na dezá, 1.649, na de Terra de Melide, 507 e na da Ulloa, 360 desempregados, polo que houbo un lixeiro aumento de persoas en Deza e un número maior na de Arzúa. Polo contrario, descendeu nas outras dúas.

O paro aumenta en oito municipios. A alza é maior en O Pino (+14), Agolada (+12) e Touro (+11). Santiso rexistra sete desempregados máis e o número de parados aumentou por debaixo das cinco persoas en Arzúa, Dozón, Toques e Antas de Ulla.


Mentres descende en oito concellos: Melide con 11 parados menos, Vila de Cruces con oito persoas menos e en Monterroso seis persoas atoparon traballo, mentres que a diminución é menor de catro no resto de concellos.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page