Ecos da Comarca/Melide
Esta tarde orixinouse un incendio nunha vivenda da localidade de Melide. O 112 Galicia foi avisado escasos minutos das oito da tarde.

Unha hora despois o 112 Galicia indicábanos que se trataba "dun lume orixinado na cheminea dunha vivenda do terceiro piso situada na rúa Bispo Varela Fondevila y Verea, preto de Correos. Os axentes informáronos que no interior había dúas persoas, pero que conseguiran saír e estaban en bo estado", subliña o 112.
O 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil, a Protección Civil e á Garda Civil.
De momento, non transcenderon máis datos.
Comments