Orixínase un incendio nun inmoble do casco urbano de Vila de Cruces
- ecosdacomarca

- 31 may 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Onte, martes, pola noite orixinouse un incendio no casco urbano de Vila de Cruces, que por sorte, saldouse sen feridos. O 112 Galicia foi alertado ás 22:51 horas.

"Sobre as 23:00 horas fomos requeridos polo 112 Galicia por un incendio urbano (unha freidora) no casco urbano de Vila de Cruces. Non houbo danos personais. Actuando con Bombeiros de Deza e Tabeirós", informa Protección Civil de Vila de Cruces a través das súas redes sociais.
Segundo fontes consultadas por este medio, o incendio sucedeu nun local de hostalaría da localidade.







Comentarios