top of page

Obradoiros de baile e pandeireta en Antas de Ulla para celebrar o Entroido

A proposta forma parte da Romería do Entroido, que a Asociación Fiadeira organiza para o 18 de febreiro


Laura Moure/Antas de Ulla

O sábado 18 de febreiro a Asociación Cultural Fiadeira leva á Praza Nova de Antas de Ulla a Romería de Entroido con talleres de música e baile tradicionais e foliada con disfraces ao remate.

As actividades comezarán ás 17 horas co obradoiro de pandeireta, a cargo de Nébeda Piñeiro, e a continuación o obradoiro de baile ás 19:00 horas, que imparte Miguel Sotelo. Ó remate dos talleres haberá pinchos para os asistentes e foliada de entroido con disfraces a cargo de grupos de música tradicional da contorna.


A Praza Nova será o escenario onde os dous mestres ensinarán os xeitos de bailar e tocar propios da tradición da parroquia de Grixoa (A Coruña), máis onde terá lugar a posterior festa. Haberá calefacción e servizo de bar, e dende a organización animan a vir disfrazados para celebrar o Carnaval.

Como apuntarse?

Quen esté interesado en asistir aos obradoiro pode anotarse a través do teléfono 651 426 685. Pódese asistir a un só obradoiro (10 euros para os socios e 15, para os non socios) ou aos dous (15 euros para socios, 25, para os que non o son) que inclúen os pinchos para a cea. Tamén se pode reservar só a cea por 5 euros.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page