Este campionato tivo lugar en Melide e nesta localidade gañou a proba Maikel Otero con “Chacho”, mentres que o tourense quedou de segundo
Ecos da Comarca/Melide/Touro
En Melide, o sábado 11 de maio, tivo lugar o Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril, tal e como recolle na súa web a Federación Galega de Caza. Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración do Concello e Sociedade de Caza de Melide desputábase este destacado campionato con ampla participación e enorme deportividade.
Preto de 30 cans xuzgados polos xuíces Tito Tarela, Ángel Casas e Mario Dios competiron para acadar o pase para o Autonómico da especialidade ao tempo que se daba a coñecer o mellor monteiro da provincia.
Foi o monteiro lucense Maikel Otero Folgueira con “Chacho” o que obtivo o primeiro posto do campionato con 258 puntos. Con 242 puntos, en segunda posición, remataba Francisco Rodeiro Eiras, veciño de Touro, co can “Pistolas” e se convertían nos novos campións provinciais. O pontevedrés Antonio Sánchez Sexto con “Chico” foi o terceiro clasificado da xeral con 237 puntos.
Publicidade
Está é a composición de monteiros que conforman a selección provincial: Francisco Rodeiro, Julio Ferradás, Dositeo Penas, Oscar Meijide, Iván Barral, José Luis Teijeiro, Jesús Ares, José Manuel Barreiro, Adrián Otero e Manuel Mantiñán.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arión.
Comentarios