top of page

O tramo de Rodeiro do Rali do Cocido comezará no centro da localidade e contará cun total de 11,2 km

Disputará o sábado 6 de abril na xornada vespertina


Ecos da Comarca/Rodeiro

Este sábado realizouse a presentación do tramo Rodeiro – Grupo Montefaro, que se disputará o sábado 6 de abril na xornada vespertina do 28º Rali do Cocido. Esta especial será unha das novidades da vixésimo oitava edición da cita dezá, que na xornada deste venres presentaba os cinco tramos que se disputarán a dobre pasada. O Concello de Rodeiro volverá contar cun tramo na súa localidade despois de varios anos sen facelo.

Será ademais un tramo inédito, pois comezará no centro da localidade. Contará cun total de 11,2 km que combinan zonas máis rápidas, como a do principio de tramo e zonas máis complicadas como a do final, unha das máis técnicas co tramo discorrendo por zonas entre muros e moitos cambios de ritmo. Á presentación do tramo, acudiron moitos dos membros da Escudería Lalín – Deza, así como o concelleiro de Deporte de Rodeiro, Alberte Lamazares, que se mostraba moi ilusionado co regreso do Rali do Cocido á súa localidade.

Publicidade

"É un orgullo para nós volver contar cunha proba deste calibre. Estamos seguros que o paso do Rali por Rodeiro, vai ser moi positivo para todos os veciños e a economía local. Ademais, este tipo de eventos serve para promocionar moitas das virtudes que ten o noso pobo, turísticas, culturais, deportivas, etc", recalca Lamazares. “No que ao tramo refírese, confiamos plenamente no traballo dos membros da Escuadra, e estamos seguros que o público que se achegue a gozar a Rodeiro deste gran espectáculo vai pasar en grande.”


Publicidade

Pola súa banda, o presidente da Escudería Lalín - Deza, Mateo Varela tamén está moi contento de poder volver traer o Rali do Cocido a esta localidade: “Desde un principio o apoio por parte da corporación municipal de Rodeiro foi total. Para nós é moi positivo que queiran volver contar co Rali do Cocido, pois contan cunhas grandes estradas, nas que é moi fácil conseguir bos tramos. Nesta ocasión arrincaremos do centro do pobo, algo inédito neste tramo. Ao principio trátase dunha especial rápida, que co paso dos quilómetros complícase cada vez máis con moitas sucidades e cambios de ritmo que farán que sexa un tramo determinante para a vitoria final."


Lembramos que este tramo estará patrocinado polo Grupo Montefaro, e que se disputará a dobre pasada na xornada do sábado á tarde cos seguintes horarios: 1ª pasada (16:40h) / 2ª pasada (20:05h).



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page