top of page

O Son D' Aldea: o sentir do rural

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Esta iniciativa palense, que cumpríu este mes de setembro a súa duodécima edición, congrega xente chegada dende distintos puntos e inclúe unha variada programación


Laura Moure/IsmaelRS/Palas de Rei

O Son D' Aldea desta edición. Fonte: Andrea García.

As parroquias palenses de Curbián e Albá celebraron o día 1 e 2 de setembro unha cita moi especial que pon en valor todo o vencellado co rural. Falamos do Son D' Aldea que este ano xa cumpríu a súa duodécima edición. Asistir a este tipo de iniciativas é sentir de preto todo o o relacionado cos nosos antepasados, porque para entender o presente e o futuro é primordial saber do noso pasado. E só os que vivimos todos os día na aldea sabemos o privilexio do que gozamos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O Son D' Aldea congrega cando ano a xente procedente de distintas zonas que teñen un mesmo sentir. Nas dúas xornadas desta edición, nas que o mal tempo ameazaba, pero finalmente soubo comportarse bastante ben, tiveron lugar variadas actividades que contribúen ao goce de todos, grandes e pequenos.


Así incluíu conferencias, presentacións de libros, un roteiro teatral, mostra de produtos e de oficios artesanais, xogos populares... e por suposto, non faltou a comida e a boa música.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, é unha data espléndida para os recoñecementos. Así entregouse o XVIII Premio Careón á escritora Andrea García Martínez en recoñecemento ao seu labor como escritora, dinamizadora da cultura galega e defensora do mundo rural e o XXIII Premio Mácara a Rubén Riós pola súa traxectoria profesional como actor, director e produtor e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural. Tamén foi recoñecido o labor da Eira da Xoana, situada na parroquia agoladesa de Ramil. Así a Fundación Eira recibiu o premio Son d´Aldea 2023


ECOS DA COMARCA achegámonos ata Albá durante o concerto da Banda de Balbina. Falamos con Xosé Eixo da organización do Son D'Aldea, con Rubén Riós e cun dos asistentes asiduos José Manuel Pérez. Mirade o que nos contaron:




Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page