top of page

O sábado celebrase en Laro a V Ruta Cabalar organizada pola Asociación Cabaleiros do Regadío

Nesta edición inscribíronse máis de 200 persoas


Laura Moure/Silleda

Este sábado día 13 celebrase en Laro (Silleda) a V Ruta Cabalar, organizada pola Asociación Cultural Cabaleiros de Regadío, en colaboración co Concello de Silleda.

O alcalde, Manuel Cuiña, e os concelleios de Turismo e Medio Rural, Mónica González e Jesús Taboada, presentaron este xoves o evento xunto José Manuel Donsión e Diego Peña Taboada, membros da directiva que organiza por quinto ano este evento.

A cita comezará ás 13:00 horas cun xantar popular para comezar despois o percorrido ás 15:30 horas, con saída dende o campo da festa de Laro continuando polos montes de Parada e en dirección ao Candán, onde se fará unha parada no entorno do alto de San Benito para enfilar o regreso a Laro. Alí, nunha carpa celebrarase unha cea baile.

Dende o Concello de Silleda colaborarase con esta ruta, que xa se vén celebrando cun notable éxito de participación. Nesta edición inscribíronse máis de 200 persoas. Esta ruta serve para poñer en valor tamén as fermosas paisaxes do Candán.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page