Un obradoiro gratuíto para nenas e nenos a partir de 6 anos
Ecos da Comarca/Lalín
O sábado 9 de setembro, a partir das 11:00 horas, terá lugar en Castrodeza a
actividade VAIA REFEITA!: un obradoiro gratuíto para nenas e nenos a partir de 6
anos.
A actividade consistirá na “refeita” do castro de area, que se exhibe na actualidade na
aula didáctica. Este ano, ao cumprírense 10 anos da inauguración do Castro
Tecnolóxico, as persoas participantes colaborarán para facer unha interpretación en
area da maqueta do proxecto orixinal do novo consistorio. "Con esta actividade
veremos, de forma divertida, os procesos de abandono/transformación dos poboados
da Idade de Ferro, e a súa relación co moderno edificio".
Publicidade
Hai prazas limitadas. Os interesados poden facer as reservas e obter máis información no 986 781 608 ou en castrodeza@depo.es
Nos vindeiros meses realizaranse dous novos obradoiros (aínda sen datas pechadas) co
aniversario do Castro Tecnolóxico como eixe temático:
Publicidade
No previsto para o mes de outubro e que levará por nome Constrúe o Castro Tecnolóxico. A actividade consistirá na montaxe e decoración dunha maqueta do edificio.
No mes de novembro será a quenda de Imaxina o Castro Tecnolóxico. Neste obradoiro, as persoas participantes usarán materiais reciclados e a súa imaxinación para construír a súa propia versión do edificio.
Comments