top of page

O Rías Baixas, seguinte obxectivo do Vilariño Team

O piloto palense Luis Vilariño e Javier Martínez regresan á competición co obxectivo de pelear por un bo resultado


Laura Moure/Palas de Rei

Tras case dous meses de forzado descanso, o piloto de Palas de Rei, Luís Vilariño, volverá subirse ao seu Skoda FabiaR5 para competir, xunto ao salcedense Javier Martínez, no Rallye Rías Baixas. A proba olívica será a penúltima da Copa de España de Rallies de Asfalto, que se completará a finais de outubroen Estremadura.

O emblemático Rallye Rías Baixas, que celebra a súa 55ª edición, arrincará esta tarde coa protocolaria cerimonia de saída no centro de Vigo. Na primeira etapa a de mañá, venres, terá lugar o shakedown pola mañá, que dará paso a dous especiais a dobre pasada, mentres que o sábado os case 120 rexistrados enfrontaranse a tres tramos coa súa correspondente repetición, para completar un total de máis de 125 quilómetros, que poñerá a proba a todos os participantes.

Luís Vilariño, contento de volver competir a bordo do seu Skoda FabiaR5, confesa que "regresamos das vacacións con ganas de volver gozar dunha gran carreira, como é o Rías Baixas. O noso equipo realizou un gran traballo, polo que contaremos co noso vehículo coma se estivese totalmente novo, xa que se cambiou a carrocería e contamos cun motor recentemente revisado. Queremos pelexar pola vitoria para os nosos afeccionados e por que é a cita de casa para o meu copiloto, Javier Martínez, e seguro que iso nos vai a dar un extra de motivación para tentar facer un bo papel fronte aos grandes equipos que competirán esta fin de semana.”

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page