“Souto tennos acostumados ao abandono desta instalación, pero se segue retrasando
a intervención nesta zona os danos irán a máis”, reclama López
Ecos da Comarca/Lalín
"Despois de varios meses coas filtracións do complexo Lalín Arena supostamente
arranxadas", o PSdeG PSOE de Lalín vén a denunciar o estado no que se encontra a mini
pista de atletismo que hai nestas instalacións. "Hai un mes que foron detectadas varias
goteiras e charcos, entre outros danos, ao longo da pista que impiden a realización de
deporte nesta área con toda a normalidade".
O concelleiro Mario López lamenta que xa haxa un mes que se observaron estes desperfectos e que a día de hoxe segan sen repararse. “Esta é unha zona utilizada por
varios clubs, tanto de atletas como de tiro con arco, entre outros, e é lamentable o estado no que teñen que practicar deporte”, indica. Incide en que o concelleiro de Deportes, Avelino Souto, xa foi notificado sobre os danos hai un mes, “pero xa nos ten acostumados aos seus retrasos en darlle solucións aos problemas. Esperemos que non faga como das outras veces e actúe de maneira inmediata”.
Ao longo da pequena pista, sinala, "obsérvanse charcos e goteiras en varios puntos, así como buracos no propio teito producidos, posiblemente, por filtracións de auga ou pola
rotura dalgunha tubaxe". “Isto non se pode permitir, ademais de que esta zona carece
de limpeza e pódese ver lixo tirado por varios puntos”, recalca López e engade que
“Souto tennos acostumados ao abandono do Lalín Arena, pero se segue retrasando a
intervención nesta zona os danos irán a máis”.
"Sen monitor no ximnasio"
Así mesmo, dende a bancada socialista lémbranlle ao concelleiro que "xa hai máis dun
ano que non están cubertas as horas con monitores, como xa reclamamos en numerosas ocasións. Co comezo dun novo ano, é ben sabido que aumentan os usuarios nos ximnasios, pero no Lalín Arena “os que cheguen, terán que lerse manuais ou solicitar axuda a outros usuarios/as para poder usar as diferentes máquinas das que dispoñen, porque en función das horas que vaian, contarán con monitor/a ou non”, reivindica o
concelleiro socialista.
E asegura que "a maior parte do tempo non hai ningún técnico na sala de musculación e cardio que poida axudar aos deportistas no caso de precisar asistencia con calquera cuestión. Isto leva a que moitas persoas decidan deixar esta instalación ante a falta de
asistencia, porque isto é un despropósito. Despois dun ano que siga este problema sen
solución mostra a incapacidade de xestión que ten Souto”.
Comments