top of page

O PSOE do Pino solicita a inmediata retirada do xel hidroalcóholico que repartiu o Concello

Afirma que "non cumpre a normativa como biocida, que carece do etiquetado e da autorización da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios"



Laura Moure/O Pino

O PSOE do Pino afirma que o xel hidroalcohólico que o Concello doou entre os distintos establecementos, comercios e distintos edificios públicos non cumpre a normativa. "É un produto que non está homologado como biocida, que carece do etiquetado que esixe a normativa e que pode estar a dar unha falsa sensación de seguridade entre a veciñanza”, denuncia.


Ademais, os socialistas aseguran que o produto que repartiu o Concello "carece da autorización da Axencia Española de Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS), posto que nin a marca nin o fabricante figura na lista que ten publicada este organismo". Así mismo engaden que "podemos entender que fai un ano, coincidindo co inicio da pandemia, e dada a escasa oferta deste tipos de produtos, se puidera cometer este tipo de erro, o que non entendemos é que un ano despois siga existindo este produto nas fontes de xel públicas e nos distintos establecementos, cando o alcalde é coñecedor dos requirimentos feitos polas autoridades sanitarias a algún dos establecementos do noso pobo. E a solución que adoptou: a calada por resposta” apuntan.


Ante estes feitos solicitaron por escrito "a inmediata retirada do falso xel e a reposición por unha solución hidroalcohólica avalada pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), con eficacia viricida demostrada".



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page