top of page

O PSOE de Touro presenta a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais este domingo, día 7

"A candidatura é o mellor exemplo de persoas que asume con responsabilidade e coherencia este reto e que defende os intereses das e dos veciños con responsabilidade e demostrando solvencia infinita", resalta a candidata, Gemma V. López


Laura Moure/Touro

O PSOE de Touro presentará este domingo, día 7, ás 18 horas na Casa de Cultura a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do 28 de maio en Touro, que estará encabezada pola actual portavoz municipal, Gemma V. López. A candidata á Alcaldía destaca que a lista electoral está conformada por un “excelente equipo de traballo” que ten un obxectivo metido “entre cella e cella”, que é “mellorar a vida das persoas cun proxecto que non vai en contra de ninguén se non que vai a favor da xente”.

López sinala que son “18 homes e mulleres preparados e comprometidos con Touro e con gañas de resolver os problemas dos veciños e veciñas, fronte a quen só traballa para que uns poucos queden co que é de todos”. “Esta lista non se parece nin no branco dos ollos ao goberno do PP nin á lista con que concurren ás eleccións os populares. É unha lista que ten outra maneira de ver a política”, remarcou. Así mesmo, a candidatura do PSOE de Touro tamén está preparada para afrontar os retos do futuro, como o cambio climático, o envellecemento ou a posta en marcha do polígono industrial; e para transformar Touro co feminismo, galeguismo, ecoloxismo, o comercio, o deporte, a cultura, os servizos sociais e a saúde como eixos de transformación o co punto limpo, o centro de día, axudas ao estudantado, servizo de taxi para familias vulnerables, persoas maiores e dependentes como elementos distintivos. "Todo iso cunha visión que vaia máis aló dun reparto

inxusto de recursos entre parroquias deixando quedar a unha maioría atrás".


A secretaria xeral do PSOE de Touro e candidata Alcaldía, Gemma V. López, resalta que a candidatura "é o mellor exemplo de persoas que asume con responsabilidade e coherencia este reto e que defende os intereses das e dos veciños con responsabilidade e demostrando solvencia infinita". Para López, a candidatura vai ser "fundamental” para "recuperar o pobo para a xente e poñelo ao día tras máis de 30 anos anos gobernada polo PP de Ignacio Codesido en que o Concello estivo coma un barco á deriva, co capitán perdido e o gps estragado".

A lista electoral está encabezada por Gemma V. López e acompáñana Susana Miranda como número 2, Silvia Castro como número 3, Kike Camino como número 4, José Balado como número 5 e Nerea Couto, "que co número 6 e con tan só 23 anos e cunhas gañas e compromiso coa xuventude deixa moi clara a aposta da candidatura socialista pola xente moza". A candidatura complétana Anuncia Tarrío, Mónica Suarez, Eduardo Rial, Rubén Mella, Patricia González, Alma Vázquez, José Manuel Pazo, José Varela, Simona Martínez, Noelia Alfonso, Alfonso Mosteiro, Daniella Torres e ocupando o posto de honra o exsecretario xeral dos socialistas de Compostela e persoa que acompañou a Pedro Sánchez á Secretaría Xeral do PSOE, Alfonso Tourís.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page