top of page

O PSOE de Touro denuncia que "o Sergas se nega a asegurar que o servizo de pediatría se manterá"

Sinala que a xerente deste organismo "se negou negouse a manter unha reunión co grupo socialista para abordar a situación do centro de saúde"


Ecos da Comarca/Touro

O PSOE de Touro denuncia que o Sergas “non quere asegurar se o servizo de pediatría se manterá ou non no municipio”. A voceira socialista de Touro, Gemma López, solicitara unha reunión coa xerente do Sergas, "quen declinou a xuntanza e non aclara o futuro do centro de saúde de Touro".

“A xerente do Sergas afirmara fai meses na prensa que non podía haber un pediatra en cada centro de saúde. Por iso, o pasado mes de outubro, dende o PSOE de Touro solicitamos unha reunión con ela para que nos aclarase o futuro do servizo de pediatría no centro de saúde do municipio”, explica Gemma López.


Os socialistas de Touro denuncian que a Xerencia do Sergas “declina ter unha xuntanza co PSOE de Touro, negándose polo tanto a aclarar se Touro terá garantido o seu servizo de pediatría”. Ademais de negar a reunión co grupo socialista, “dende a Xerencia do Sergas trasládannos unha carta na que empregan escusas e bótanlle a culpa a outros organismos, malia que é a Xunta de Galicia quen ten as competencias de Sanidade e polo tanto depende deles o servizo”.

“A calidade dos servizos públicos é fundamental para o rural. As familias de Touro deben ter asegurado que haberá un pediatra para atender aos cativos e cativas. Fronte a esta situación, o Partido Popular, co apoio tamén do alcalde de Touro, deterioran a sanidade pública e benefician á privada”, finaliza a voceira socialista.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page