top of page

O PSOE de Lalín denuncia "a parálise total e a falta de programación cultural muncipal"

A socialista Alba Forno sinala que esta "ou deixou de existir ou retroaliméntase do traballo de asociacións ou outros colectivos"


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín denuncia "a parálise total e a falta de programación cultural muncipal que sofre Lalín nos últimos meses". A voceira municipal, Alba Forno, sinala que esta programación “directamente deixou de existir e ultimamente limítase a retroalimentarse do traballo que realizan asociacións, bandas ou calquera agrupación”.


Publicidade

“En decembro, a día de hoxe, nin sequera se molestaron en sacar o cartel ou facer anuncios coas actividades, aínda que estas sexan organizadas por outros colectivos”, engade. Para a voceira socialista esta situación débese "á desidia e falta de ideas da concelleira de Cultura, Begoña Blanco". Así mesmo, sinala que a decadencia da programación cultural de Lalín se agudizou “curiosamente” tras as eleccións municipais.


Publicidade

“Entre moitas outras cousas, desapareceu a comunidade de pequenos lectores “Mirlotís”, desapareceu a feira do libro, a feira da cervexa non se volveu celebrar, no rural deixáronse de realizar as actividades culturais e de ximnasia, etc”, explica.

Forno tamén pregunta que foi do cine do salón teatro e lamenta “o efímero desta proposta anunciada polo goberno a bombo e prato para suplir o ridículo da súa promesa incumprida de reabrir os cines no centro comercial Pontiñas”. Non obstante, lamenta que a iniciativa se limitase "a reproducir un puñado de filmes dispoñibles en calquera plataforma de contidos e que agora se desperdicie o importante investimento realizado no proxector".


Publicidade

Forno sostén, finalmente, que “á concelleira de Cultura e ao goberno do PP deberíalles avergoñar observar como en parroquias de Lalín organizan programas culturais e actividades que superan ás do propio Concello e fano con orixinalidade e vontade, sen orzamento, sen cobrar salarios desorbitados e sen asesores”.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page