top of page

O PSOE de Cruces presenta a súa candidata, María Manteiga, quen "reúne xuventude e formación"

Para a socialista, "Vila de Cruces necesita dun cambio de políticas, non dun simple intercambio de cromos, para revertir a situación de continuo deterioro do Concello"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A socialista María Manteiga presentou este venres nun acto no Auditorio municipal de Vila de Cruces a súa candidatura á Alcaldía do Concello. A nova candidata estivo acompañada polo eurodiputado socialista Nicolás González Casares, xunto con Paula Fernández, vicesecretaria xeral provincial do PSdeG-PSOE.


Durante o acto, a candidata presentou a lista electoral coa que se acudirá ás urnas e explicou os principais puntos do seu programa electoral.

Nacida en Oirós hai 27 anos, de familia gandeira, María Manteiga mantén unha forte vinculación ó sector gandeiro por formación e vocación. Estudou Enxeñaría Agrónoma e Industrias alimentarias, o que lle permite a día de hoxe traballar de técnica asesora na cooperativa Cobideza. Preséntase coa motivación de facer o ben á xente e darlle vida ó Concello no que se criou e que tanto cariño lle garda.


Para a candidata socialista, "Vila de Cruces necesita dun cambio de políticas, non dun simple intercambio de cromos, para revertir a situación de continuo deterioro do Concello". Segundo María Manteiga, “a continua falla dos gobernos de dereitas, que levan máis de 40 anos gobernando o noso Concello, levounos a unha situación insostible, sen futuro para os nosos mozos e mozas, e con grandes dificultades de acceso aos servicios para os nosos maiores.”


Ademais de presentar as súas grandes liñas de traballo de cara á nova lexislatura, María Manteiga agradeceu a gran labor exercida polos distintos membros da agrupación local socialista, resumindo as principais mocións e xestións realizadas nestes últimos catro anos. Fixo especial fincapé, na labor de mediación realizada polo equipo local saliente na Diputación de Pontevedra, liderada pola líder socialista Carmela Silva, "evitando o evidente abandono do noso Concello por parte da Xunta de Galicia, en represalia á perda da Alcaldía hai catro anos".


Investimentos da Deputación

Entre outros resultados positivos acadados grazas ó investimento da Deputación de Pontevedra, en mans do PSdeG-PSOE, destacará a senda peonil que transita ata o cementerio municipal, así coma a mellora da estrada de Merza a Bascuas. Ámbalas actuacións proxectos foron o resultado de mocións presentadas pola agrupación socialista de Vila de Cruces.


O programa de Manteiga "é un programa realista, sen grandes obras nin obxectivos inalcanzables, que buscará mellorar e garantizar a calidade de vida dos habitantes do noso Concello, poñendo á xente no centro da xestión municipal".


Para rematar, presentou ao seu equipo, do cal "está moi orgullosa e convencida de que é o mellor para levar adiante a verdadeira renovación de Vila de Cruces. Unha lista renovada, que reúne tanto a xente nova como a históricos da agrupación socialista".

Acompáñana nos postos de saída:

  • Rafael Verde. Cruceño dende 1997, ano no que chegou retornado de Francia, ten formación superior en comercio internacional. Traballa dende hai varios anos como asesor de comercio exterior para varias pemes de Galicia. Foi concelleiro en Vila de Cruces dende o ano 2004 ata o 2007. Casado e pai de dous fillos, reside na parroquia de Sabrexo. A sua gran motivación é facer de Vila de Cruces un pobo atractivo e sostible para todos, onde a xente nova teña oportunidades laborais e os maiores poidan disfrutar dos servizos que se merecen.

  • Silvia Míguez Vilanova. Natural de Ollares. É Licenciada en Historia cun Posgrado de Xestión Cultural (USC).Traballa como profesora e como xestora cultural. Cun perfil técnico, preséntase coa vontade de traballar por unha Vila de Cruces máis activa, dinámica, sostible, saudable e igualitaria. Un dos seus obxectivos é a defensa e conservación do territorio e do patrimonio, que son a base da nosa identidade rural.

Seguidos de: Bruno Vila Vilariño, Noelia Ramos Rodríguez, Maria del Sol Vázquez Mazás, Xurxo Guzmán Salgueiro, José Raimundo Vila Asorey, Dora Rey Rodríguez, Ana Mato Casal, Sonia Martínez Buján, Jesús Manuel Manteiga Claro e José María Vilariño Vila.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page