top of page

O programa da Xunta ‘Coidados Porta a Porta’ visitará o concello de Antas de Ulla en agosto

Unha unidade móbil desprazarase á localidade para ofrecer servizos de oftalmoloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos


Laura Moure/Antas de Ulla

A Consellería de Política Social vén de confirmarlle ao Concello de Antas de Ulla que o

programa Coidados Porta a Porta visitará a localidade os días 11, 12, 16 e 17 de agosto. O servizo instalarase na Praza Nova e as persoas interesadas poden pedir cita previa chamando ao teléfono 622 748 283 ou enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal


O programa, que xa tivo unha fase experimental en 2019 na que participaron 20 concellos, consiste na habilitacións de oito autobuses que se encargan de percorrer as zonais rurais para ofrecer os coidados médicos de proximidade a persoas maiores de 55 anos. Trátase dun servizo formado por unidades móbiles nas que os maiores de 55 anos acceden gratuitamente a servizos de oftalmoloxía, podoloxía, e estimulación da memoria para aquelas persoas que residen en zonas rurais e non teñen facilidades de acceso a este tipo de prestacións.

Os recursos que ofrecen as unidades móbiles van rotando polos diferentes concellos de Galicia con estadías de varios días en cada un deles.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page