top of page

O primeiro depósito aduaneiro da provincia de Lugo comezará a funcionar en Palas despois do verán

Laura Moure/Palas de Rei

O Depósito Aduaneiro que se está a construir en Palas de Rei encara a fase final das obras, tal e como informa o Concello. Sinala que a empresa promotora ten prevista a súa finalización para o mes de xullo deste ano para logo, despois do verán, ter prevista a súa posta en funcionamento. A inversión que supera amplamente os 9 millóns de euros, leva un importante grado de execución e varias empresas construtoras aceleran o seu ritmo para chegar con todo rematado na data estimada de finalización (xullo deste ano).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Grupo empresarial Jim Sports, propietario da infraestrutura, valora a súa importancia non só para o seu conglomerado de empresas que forman parte do grupo, senón que tamén, para outras externas que poidan acceder ó uso destas instalacións, o que “permitirá a todos ser moito máis competitivos nos diferentes mercados”.

Pola súa parte, o alcalde de Palas, Pablo Taboada, logo de manter esta semana unha reunión de traballo co Ceo do Grupo Empresarial Jim Sports, Jesús Manuel Graña, anunciou que este Grupo ten intencións de seguir invertindo no municipio e en breve acometerán novos proxectos que impulsen a actividade deportiva en Palas de Rei.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O rexedor palense, destacaque as instalacións do Depósito Aduaneiro en Palas de Rei “son únicas na provincia e axudan a dinamización económica pola actividade directa e indirecta que xerán, con elo a provincia de Lugo tamén está de noraboa ao contar cunhas instalacións que faran máis competitivas as súas empresas”. O rexedor tamén agradeceu ó Grupo Jim Sports as inversións desenvolvidas no concello nos últimos anos desde que a compañía abandonou o parque empresarial de Melide para ubicarse en Palas de Rei. 


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page