top of page

O PP melidense acusa ao goberno de "gastar 18.000 euros nunha empresa privada de comunicación"

"Cando ten en plantilla un xefe de gabinete que cobra 27.000 euros anuais contratado para ditas funcións", aseguran os populares


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide denuncia "a mala praxe do goberno AM-PSOE ao malgastar os impostos dos melidenses por duplicado nunha empresa de comunicación á que lle asignaron durante todo o ano 2022 labores de estratexia de comunicación que ten asignada o posto de Xefe de Gabinete segundo o publicado no BOP do 9 de xaneiro de 2020 e aprobado en pleno polo bipartito".

"Resulta impactante que despois de modificar ata en duas ocasións o posto de persoal eventual na Relación de Postos de Traballo para cambiarlle a denominación así como o soldo, agora atopamonos con que na XGL de febreiro do ano 2023 se paga un total de 18.000 euros a unha empresa vinculada a familiares do socialismo coruñés a que se lle asignan as funcións que ten Xefe de Gabinete no goberno municipal,” sinala a

portavoz do PP, Dalia García.

No PP, apuntan, "non entran a valorar a profesionalidade da empresa mencionada, pero

puntualizan que brillan pola súa ausencia as campañas coherentes de comunicación

chegando, nos últimos tempos a colgar vídeos para promocionar os negocios de hostelería e turismo da nosa vila onde hai negocios que pecharon as súas portas".

Dende o grupo municipal popular consideran "que no caso de haber unha situación non prevista do persoal de confianza dentro do goberno bipartito municipal o lóxico é decretar por parte do alcalde o nomeamento doutra persoa porque este é unha praza que depende única e exclusivamente da vontade política dos responsables municipais; aquí está claro polo que se opta, por converter ao Concello de Melide nunha máquina de vender favores políticos que está moi lonxe de atender os problemas de Melide e os melidenses, que lamentablemente están sen arranxar: 1.006 días sen solución para a praia fluvial de Furelos, case 1.300 días sen piscina municipal, por non entrar a valorar a situación das augas depurativas do polígono industrial que segue sen arranxar polo alcalde. O seu goberno o único que fai é lastrar a Melide".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page