top of page

O PP de Vila de Cruces reúnese con veciños de Gres para falarlle de varias propostas do seu programa

Entre elas figuran melloras e iniciativas nas ínsuas, apoio á Banda de Música Unión Ponteledesma, instalación de fibra óptica ou mellora de infraestruturas, entre outras


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces segue coas xuntanzas veciñais. Esta fin de semana

desprazouse ata a parroquia de Gres co obxectivo de seguir coñecendo as ideas e propostas de tódolos veciños e veciñas do municipio. "Valoramos positivamente cada unha destas reunións xa que é fundamental escoitar á veciñanza para poder deseñar un programa axeitado ás súas demandas", recalca.


E adianta que "resaltaremos e impulsaremos os atractivos culturais, gastronómicos e paisaxísticos da parroquia de Gres mediante o Programa Percorrendo Vila de Cruces, promocionando visitas turísticas ós enclaves das Ínsuas e ó seu entorno; así como a práctica en piragua polo río Ulla, en colaboración co Concello de Boqueixón, co fin de fomentar xornadas de natureza e deporte. No entorno das Ínsuas, tamén se creará un novo

parque infantil, cunha zona equipada con máquinas biosaudables".

E en canto á Banda de Música Unión Ponteledesma que ten a súa sede nesta parroquia, apunta que "será apoiada economicamente para que realice distintas actuacións no termo municipal, podendo facer un máximo de 14 actuacións. Así mesmo, aumentarase a

programación anual de actividades no auditorio de Gres, con programacións culturais diversas. Igualmente, proporcionaremos apoio económico e promocionarase, tanto a

nivel nacional como internacional, á Fundación Xosé Neira Vilas".


Así mesmo, sinala que "comprometémonos co medio ambiente e co ámbito natural, coa recuperación e acondicionamento das Ínsuas, así como o acondicionamento da masa común dePortocarreiro, que será destinada á creación dun entorno biosaudable. Tamén se

colocarán contedores de vidro a tódolos lugares da parroquia e levarase a cabo a

limpeza e desbroce de camiños e pistas dúas veces ó ano. Do mesmo modo, centrarémonos na mellora de equipamento desta parroquia, nos servizos básicos de abastecemento de auga, saneamento, alumeado e mellora da rede viaria, coa finalidade de potenciar a calidade de vida. Procederase a creación dunha fonte para as Illas de Gres; dotación de rede de saneamento ó lugar de Cirela con conexión á depuradora de augas residuais de Gres; dotación de auga pública; e canalización da auga desde a marquesina ata a igrexa".


Alumeado público

Os populares tamén falaron en Gres da fibra óptica. "Procederase á instalación de fibra óptica ós lugares que aínda hoxe carecen deste servizo tan fundamental como é o lugar de Portocarreiro; poñerase alumeado público en Cirela, desde o auditorio; remodelación do alumeado público nas Ínsuas, e colocación do alumeado de Nadal en Gres".

Así mesmo, sinala que "trataremos de reforzar a seguridade e mellorar a accesibilidade a través do reforzo de acceso á ponte da Illa da Praia, a construción do muro de contención no camiño do Chousiño, a mellora das beirarrúas no casco urbano de Gres e a eliminación de barreiras arquitectónicas coa construción dunha rampla que facilite o acceso ó entorno

da igrexa, así como a colocación dun ascensor no auditorio. De tod@s é coñecido os problemas para aparcar no entorno da igrexa e a Fundación Xosé Neira Vilas, polo que se comprará unha parcela destinada a aparcamento. Así mesmo, contémplase a ampliación do cemiterio coa adquisición doutro terreo".


Por último, anuncia que "apoiaremos a convivencia no rural mediante a mellora do local social de Cirela coa construción de baños, a instalación de climatizadores enerxeticamente eficientes e o cambio de alumeado a lámpadas LED. Ademais, procederase á instalación de fibra óptica no centro social, así como equipamento informático se así o solicitan. Tamén se realizarán melloras na mobilidade viaria como o ensanche da pista de Frieira a Gres, a mellora da pista que dá aceso ás vivendas de varios veciños/as, e arranxo do camiño desde a casa da calzada á casa do Coto e desde o local social ó parque infantil de Cirela".

Desde o Partido Popular queren dar grazas "a tódolos asistentes a esta xuntanza, e

trataremos de cumprir con todo o acordado, conseguindo os medios e infraestruturas

necesarias para que desfruten tódolos veciños e veciñas. Proseguiremos coas

reunións, a pesar de que o actual equipo de goberno parece que incluso nos quere

quitar o dereito a conversar cos veciños e veciñas, pero se por algo se caracteriza o

noso partido é polo interese da veciñanza, mediante a escoita activa das súas

necesidades. Sabemos que facelo ben está na nosa man e facelo posible está na de

tod@s".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page