top of page

O PP de Melide reclama unha maior atención ao mantemento e limpeza do Camiño de Santiago

O PP de Melide asegura que vén de comprobar de primeira man o "lamentable estado de conservación" do Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Furelos: "lousas soltas, fochancas provocadas pola falta de reposición do empedrado así como a falta de limpeza en infraestruturas básicas como a tradicional fonte de San Xoán de Furelos son un exemplo da desatención á que está sometida a ruta milenaria máis famosa do mundo por parte dos responsables municipais melidenses".


Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, reitera que “a estas alturas do ano era unha condición inaprazable ter o camiño en óptimas condicións; é unha pena que a boa imaxe de Melide no exterior se vexa empanada pola política de “mans caídas” dos actuais gobernantes locais. Gobernan a golpe de demanda e só se moven porque así lle lo reclamamos dende a nosa formación, sobrados son os exemplos ao respecto”.


Dende a formación azul tamén informan que noutros puntos das etapas do Camiño que discorren pola vila melidense tiveron que ser os propios veciños afectados os que se puxeran en contacto coa brigada de mantemento da Consellería de Turismo "ante a pasividade do Concello algo que non ten precedentes", apuntan. “Melide non pode pagar as facturas da incompetencia dun goberno incapaz de xestionar as necesidades máis elementais: non podemos permitirnos que a desidia desgaste a imaxe dos nosos recursos naturais e turísticos máis prezados nun momento de extrema delicadeza económica e social onde todas as vilas se están posicionando por competir nun turismo de interior e natureza na que Melide, lamentablemente, está perdendo rapidamente posicións” sinala García.

Autor: PP Melide

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page