top of page

O PP de Melide pide ao goberno á adhesión á plataforma da Xunta para xestionar axudas a hosteleiros

O PP de Melide reclama que o bipartito local aprobe "dunha vez por todas" axudas para os sectores máis afectados pola crise da Covid-19. “Se analizamos a realidade económica de Melide o sector terciario ten unha preponderancia moi elevada na nosa economía, motivo polo cal, e logo dun ano de pandemia, restricións...etc., non hai motivos xustificables, tendo o Concello a situación económica que ten, moi boa, para que o bipartito non aprobe un paquete de axudas para os sectores máis castigados pola crise que teñen moita presenza na nosa vila” sinala a voceira popular Dalia García.


Dalia García, voceira do PP de Melide.

Así as cousas, dende a formación popular aseveran que “non hai escusas” xa que a Xunta de Galicia, vén de poñer a disposición dos Concellos unha plataforma de xestión na que todo aquel Concello que así o manifeste poida xestionar axudas directas a os sectores máis afectados pola crise. "Hai negocios que levan un ano con restricións e coa persiana baixada. Maila que a Xunta de Galicia é a única administración que xestionou e pagou xa varios plans de rescate, a pasividade do bipartito local é unha cuestión que os populares non deixaremos de reclamarlles aos responsables municipais que están máis preocupados pola imaxe, que polo fondo do asunto: os hostaleiros, os comerciantes, as PEMES e os autónomos teñen que seguir pagando impostos e cada trimestre faise máis duro sen axudas a un sector castigado pola situación actual, algo sobre o cal garda sistematicamente silencio o executivo melidense", apunta o partido da oposición.


“Non nos cansaremos de reclamar axudas ao sector, é o noso traballo ao servizo de Melide e dos melidenses”, reitera a voceira popular, Dalia García.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page