top of page

O PP de Melide pide a nulidade do acordo plenario do día 22 por "ocultación de información"

Refírese a sesión extraordinaria na que se abordou "mercar directamente un terreo con cargo ao aforro municipal de case 1 millón de euros"


Ecos da Comarca/Melide

A popular Dalia García.

O PP de Melide solicitará a nulidade do acordo plenario que foi apoiado polos sete edís de Adiante Melide e do PSOE no pleno do pasado martes 22 de novembro polo cal se habilitaba o crédito extraordinario de 932.000 euros para adquirir un terreo de maneira directa polo Concello. O PP de Melide xa se posicionou "suficientemente no pleno municipal aludindo a unha operación clara de “pelotazo urbanístico” ao ter dito terreo un uso residencial e estar afectado por unha sentenza xudicial de derrubamento que obriga ao propio Concello a recuperar o terreo público que se encontra ocupado por un edificio en estado ruinoso e que con esta operación, os melidenses terán que sufragar cos seus aforros".

Ademais dos motivos xa expostos e xa feitos públicos pola formación, o PP alude "a defectos de forma que invalidarían o acordo se se analiza o Regulamento de Funcionamento das Entidades Locais". Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, sinala que “dende o día 15 de novembro reclamamos que temos dereito a todos e cada un dos informes que teñen que ver con este asunto; no expediente consta un encargo do 2 de novembro do alcalde ao departamento xurídico do concello quen ten a súa vez 10 días para emitir o informe; se a comisión se celebrou o día 15 e non posuíamos o informe, se o pleno se celebrou o día 22 e seguiamos sen ter ese informe; se o pedimos dúas veces por escrito e non se nos contestou e fixemos un rogo oral co mesmo tema e non se nos fixo chegar, está claro que se nos está ocultado información que por Lei temos que posuír para emitir correctamente o noso voto, así o establece a Lei, facer o contrario é irregular e ilegal” sentencia a portavoz, quen avanza que “isto obrigará a posicionarse ao goberno local de

AM-PSOE e saber dunha vez por todas se existe ou non existe tal informe e que carácter ten".


Cabe mencionar que no seu día Adiante Melide e PSOE emitiron cada un un comunicado para defender a súa postura sobre este acordo plenario. O que cada un dixo no enlace:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page