"Co fin de acadar unha formación profesional de calidade que aporte produtividade, innovación e competitividade, ó mesmo tempo que posibilite a inserción e consolidación do alumnado no ámbito laboral", recalca
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces mantivo unha reunión coa dirección do
IES Marco do Camballón para estudiar a proposta dun Ciclo Superior en Enerxías
Renovables, "co fin de acadar unha formación profesional de calidade que aporte
produtividade, innovación e competitividade, ó mesmo tempo que posibilite a inserción
e consolidación do alumnado no ámbito laboral".
"Cremos que a mellor inversión está na educación das novas xeracións, por iso, propoñémoslle ó actual goberno local que contemple este proxecto, apoiando
economicamente esta inversión para a implantación do mencionado ciclo superior, realizando as adaptacións oportunas do edificio. Cremos que, a partida de diñeiro
destinada para Vila de Cruces dentro do Programa ReacPon, podería ir mellor invertida na adaptación dun baixo do que dispón o instituto, permitindo a construción de futuras aulas e talleres de formación", sinala o PP.
Exemplo disto, explica, "foi o noso goberno que, xunto co esforzo das administracións e do
equipo directivo do IES Marco do Camballón, realizamos as inversións necesarias para
conseguir os actuais ciclos de Soldadura e Atención de persoas en situación de
dependencia. O noso obxectivo radica en xerar unha planificación formativa que dea resposta á rápida evolución de cada sector, ofrecendo ás empresas persoal cualificado para facer a economía galega máis competitiva, redundando nun aumento do emprego, así como un mellor futuro para os mozos e mozas sen ter que desprazarse a outros lugares; isto levaría a que moita xuventude tivera a oportunidade de formarse neste ciclo aquí en
Vila de Cruces".
Así mesmp, o PP apunta que "recordámoslle ó actual equipo de desgoberno que se queremos ter futuro, primeiro hai que ter formación e, non apoiar isto, sería un incumprimento máis do seu programa electoral. Desde o Partido Popular, queremos que Vila de Cruces siga sendo sinónimo de prestixio, referencia e utilidade. É por iso que, nos comprometemos a apoiar totalmente ó actual goberno local para conseguir este importante logro, se é que realmente quere facer algo. Agradecémoslle á comunidade educativa por esta aposta acertada, así como a súa implicación coa formación das novas xeracións".
Comentarios