L.M./Comarcas de Arzúa/T. de Melide
O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais, que en 2024 estará dotado cun orzamento de 1.007.924 euros, un 10% máis que o ano pasado. "O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación e aumentar a seguridade viaria nas estradas da provincia", explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais ou obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,3 millóns en 2024. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.
Publicidade
6.800 euros por quilómetro
Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 6.800 euros por quilómetro, apuntou o deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, que subliñou o incremento dun 10% no orzamento destinado a este fin, xa que "o traballo de conservación da ampla rede de estradas da Deputación para mantela nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria".
Publicidade
Nas comarcas levaranse a cabo melloras en:
GRUPO 13A -Frades, Ordes, Oroso e O Pino por un importe de 262.803,89 euros
GRUPO 13B - Boimorto, Mesía e Vilasantar por un importe de 215.434,98
GRUPO 14 - Melide, Santiso, Sobrado e Toques por un importe de 264.292,21
GRUPO 15 - Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro por un importe de 402.851,22
Publicidade
Todas as demais poden consultarse no seguinte enlace: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=23353&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web
Comments